Blanco

Orixe

Apelido que ten a súa orixe nun alcume, motivado pola cor pálida da persoa ou pela cor do cabelo. Actualmente non se conserva a forma Branco, aínda que na época medieval alternaban os grupos consonánticos bl/br. Documéntase no s.XIV: "Alfonso Rodriguez dito Branco" (doc ano 1339 en E. Duro Peña, "Catálogo de los documentos privados en pergamino del Archivo de la Catedral de Orense 888-1554, 1973, p 195), "Juan Blanco" (doc ano 1383 en E. Duro Peña, El Monasterio de Ribas de Sil, 1977, p327). No período medieval tamén se atesta a forma feminina aplicada a mulleres. É probable que as formas do plural teñan orixe toponímica, pois actualmente existen os lugares dos Blancos espallados por toda Galicia.

Toponimia

Posible orixe toponímica.

en Galicia atopamos os seguintes lugares
coa grafía Os Blancos
- na parroquia de Santiago de Bascoi, no concello de Mesía (A Coruña).
- na parroquia de San Breixo de Os Blancos, no concello de Os Blancos (Ourense).
- na parroquia de Santa María de Luneda, no concello de A Cañiza (Pontevedra).

en Galicia atopamos as seguintes parroquias
coa grafía Os Blancos
- parroquia de San Breixo de Os Blancos, no concello de Os Blancos (Ourense).

Tamén é o nome dun concello, Os Blancos, na provincia de Ourense.

Distribución do apelido

Porcentaxes > 90 % 80 - 90 % 70 - 80 % 50 - 70 % 25 - 50 % 6 - 25 % 1 - 6 % < 1 % Non hai
Frecuencia de aparición en tanto por cen por concellos sobre o total do apelido en toda Galicia.
Porcentaxes > 90 % 80 - 90 % 70 - 80 % 50 - 70 % 25 - 50 % 6 - 25 % 1 - 6 % < 1 % Non hai
Frecuencia de aparición en tanto por cen por comarcas sobre o total do apelido en toda Galicia.

Distribución en España

No estado español: podémolo atopar nas provincias de Madrid, Asturias, León, Barcelona, Sevilla, Badaxoz, Zamora, Cádiz, Biscaia, Valladolid, Cordoba, Málaga, Salamanca, Cantabria, Cáceres, Burgos, Xaén, Valencia, Guipúscoa, Toledo, Cidade Real, A Rioxa, Palencia, Huelva, Ávila, Granada, Zaragoza, Alacante, Segovia, Cuenca, Navarra, As Palmas, Guadalaxara, Álava, Murcia, Albacete, Tarragona, Illas Baleares, Soria, Xirona, Tenerife, Lleida, Ceuta, Huesca, Almería, Castelló, Melilla e Teruel.

Ceuta Melilla