Apelidos de Galicia

Cordal

Toponimia

en Galicia atopamos os seguintes lugares
coa grafía O Cordal
- na parroquia de San Martiño de Belesar, no concello de Vilalba (Lugo).
- na parroquia de Santiago de Bermui, no concello de As Pontes De García Rodríguez (A Coruña).
- na parroquia de San Martiño de Codesido, no concello de Vilalba (Lugo).
- na parroquia de San Pedro de Labrada, no concello de Abadín (Lugo).

Tamén o nome de 3 serras de Guitiriz, Aranga, Abadin, A Pastoriza, Friol e Begonte.

Entre os concellos de San Sadurniño e Moeche unha ladeira de monte de gran estensión recibe o nome de "O Cordal".

Distribución en Galicia

Distribución por concellos

En A Coruña: nos concellos de A Coruña, Fene, Neda, Paderne, Culleredo, Ferrol, Pontedeume, Cambre, Mugardos, Santiago de Compostela, Padrón, Narón, Arteixo, Betanzos, Monfero, Oleiros, Ames, Ares, Cabanas, Carballo, Cerceda, Irixoa, Ordes, Ortigueira, A Pobra do Caramiñal, As Pontes de García Rodríguez e Teo.

En Lugo: nos concellos de Vilalba, Abadín, Lugo, Cospeito, Foz, Alfoz, Cervo, Mondoñedo, Ourol e Viveiro.

En Ourense: soamente no concello de Ourense.

En Pontevedra: nos concellos de Cambados, Vigo, Pontevedra, Redondela, Vilanova de Arousa, Caldas de Reis, Vilagarcía de Arousa, A Illa de Arousa, Baiona, Nigrán, Ponteareas e Pontecesures.

No estado español: podémolo atopar (por mor da emigración) nas provincias de Málaga, Madrid, Asturias e Cádiz.

Distribución en España

Distribución por provincias
Provincia Persoas % Provincia Persoas % Provincia Persoas % Provincia Persoas %
Provincia Persoas % Provincia Persoas % Provincia Persoas % Provincia Persoas %
Araba Albacete Alacant Almería
Ávila Badajoz Baleares Barcelona
Burgos Cáceres Cádiz 1 Castelló
Ciudad Real Cordoba A Coruña 97  32 Cuenca
Girona Granada Guadalajara Gipuzkoa
Huelva Huesca Jaén León
Lleida La Rioja Lugo 81  27 Madrid 3
Málaga 28  9 Murcia Nafarroa Ourense
Asturias 2 Palencia Las Palmas Pontevedra 41  13
Salamanca Tenerife Cantabria Segovia
Sevilla Soria Tarragona Teruel
Toledo Valencia Valladolid Bizkaia
Zamora Zaragoza Descoñecida 3 No extranx. 16  5
Distribución por Comunidades Autónomas
Comunidade Persoas % Comunidade Persoas % Comunidade Persoas % Comunidade Persoas %
Total de persoas co apelido en España 294 
Andalucía 33  11 Aragón Principado de Asturias 2 Illes Balears
Canarias Cantabria Castilla-La Mancha Castilla y León
Catalunya Ceuta Extremadura Galicia 219  74
Comunidad de Madrid 3 Melilla Región de Murcia La Rioja
Comunitat Valenciana Euskadi Nafarroa

Só se mostra a información das provincias nas que o apelido Cordal
ten unha frecuencia maior de 5 habitantes.

Heráldica

Armas :
Escudo partido: 1º, en campo de goles, un brazo de prata, coa man extendida, movente de franco sinestro; 2º, en campo de azur, 3 faxas de ouro, sumada a superior de 3 cipreses de goles, perfilados polo devandito metal.

Comentarios dos usuarios

Opinión persoal de JORGE CORDAL
Apellido gallego, con origen en Santiago de Goiriz (Villalba). En 1547, Alonso de Cordal, vecino de la anterior parroquia, obtuvo una ejecutoria de nobleza. Según Crespo del Pozo, este Alonso fue hijo de Arias Cordal y de Teresa Yáñez, el mismo autor describe también el escudo de la familia.
Además de esta información tengo otros datos procedentes del expediente citado: Arias Cordal, fue hijo de Alonso Pérez de Castro y nieto de Gonzalo Pérez de Castro "el Viejo". Alonso y su padre Arias Cordal, vivieron en Santiago de Goiriz, Alonso Pérez de Castro lo hizo en San Simón y su padre, Gonzalo, en Carballido. Los tres lugares son parroquias del munipio de Villalba, es posible que Gonzalo viviese en un casal llamado "Tibe de Saavedra", también es posible que yo lo transcribiese mal.
El expediente que tengo es muy largo, mis conocimientos de paleografía son pocos y mi vista peor, por eso, si hay alguien interesado, le ofrezco la copia de la parte más legible, sólo pido a cambio que después me cuente lo leído.

Opinión persoal de TRAPA
Cordal es un topónimo y en efecto hace referencia a una zona montañosa (cordillera pequeña), el origen de esta palabra aunque no es complicado, es largo de contar, mejor lo podéis encontrar en el libro CULTOS Y DIVINIDADES DE LA GALICIA PRERROMANA A TRAVÉS DE LA TOPONIMIA, de Joaquín Caridad Arias, publicado por la Fundación Barrié. Cordal no es un topónimo exclusivamente gallego, lo podemos encontrar en otras zonas de la península, incluso en otros países como en Irlanda. En irlandés, la palabra Cordal procede de Corazo´n-dall, que por lo visto significa algo así como "la colina redonda del hombre oculto", bueno, alguna relación con la montaña también la encontramos. Allí, en Kerry en el lugar de Ballincuslane, encontré también el lugar y la Casa de Cordal fundada por George Twiss de Cordal en 1773, pero por supuesto es todo una pura casualidad lingüística, nada tienen que ver con los cordales gallegos.

Opinión persoal de LUMEBÓO
Non estou de acordo en achegar o apelido Corbal a Cordal. E ben sei que este é un apelido que existe alomenos en Pontevedra, onde mesmo hai unha rúa chamada Benito Conde Corbal.
E desestímo-a en canto a que esa simple variación da consonante supón unha orixe etimoloóxica radicalmente diferente. Eu supoño que Cordal debe de vir máis ben do que di Irmandiños: corda de montes, serra, etc., e Corbal podería vir (non estou totalmente certo), aínda que con grafía modificada, de corvo, como hai en Galiza moitos outros topónimos, coma Corveira, etc. (máis ben de corvo mariño (Phalacrocorax aristotelis ou phalacrocorax carbo) que de corvo viaraz ou carnazal (Corvus corone ou corvus corax), terrestres, xa que a maioría dos topónimos que eu coñezo son de acidentes xeográficos marítimos).

Opinión persoal de MAVIAC
Creo que convén afastar a mente de influencias perniciosas. A leitura de enxendros como o de Caridad Arias entre perfeitamente nesa categoría. Pode depois un razoar como a Fundación Barrié se empresta a financiar semellantes tropelías. Sinto ter que me expresar de xeito tan abrupto pero cando a merda é moita.......Se un se quer proclamar druida maior do reino, vale. O sr. Caridad ten toda a libertade, pero os demais temos a obriga de apalpar ben a roupa antes de acompañalo por eses camiños. Este é o lugar no que debe entenderse a apostilla que repito e que sae independentemente, de xeito que pode non entenderse. Cumprimentos, e disculpas pola confusión que poida ter creado previamente.

Opinión persoal de JORGE CORDAL
Despois de ler no listado de apelidos os comentarios sobre o meu (Cordal) non podo menos que respostar a quen se basea en Caridad Arias para explicar a forma irlandesa deste apelido. A proposta "Corazo´n-dall" non parece ser a forma irlandesa orixinaria no caso de habela, que tampouco parece estar confirmada. Se acaso a primeira parte proposta podería ser un semanario fotográfico dos que tanto abondan. Eu non atopei máis variante do Cordal irlandés que a forma Cordail, que é a forma usada para dar nome a unha xiga e un reel orixinarios desa localidade irlandesa. Segundo iso, poderíamos ter as voces Cor- e Corr- co significado de "cuiña" e como segunda parte Dall- Dail- que virían ser "escuro" ou "home cego" xa que logo, se nos poñemos a adiviñar sairía un topónimo e apelido irlandés cun significado parecido ó de "cuiña escura". En calquera caso non parece ser de moito interese a forma irlandesa nun foro de apelidos galegos e tamén sería bó que se fixesen comentarios cun pouco de criterio, e basearse en Caridad Arias non parece ser o mellor camiño para comentar cuestións lingüísticas cun pouco de seriedade.

Editado en Xenealoxia.org

polos seguintes editores : trapa, irmandiños, L

Fontes e bibliografía

Dist. Concellos :

I.L.G.  , engadido por Dinuciña.

I.N.E.  , engadido por Dinuciña.

Dist. España :

I.N.E.  , engadido por Dinuciña.

Historial dos datos

- Apelido engadido por Xenealoxia o 26 de Febreiro do 2005.

- Datos de Toponimia engadidos ou actualizados o 2 de Outubro do 2009.

- Datos de Distribución en Galicia engadidos ou actualizados o 2 de Outubro do 2009.

- Datos de Distribución en España engadidos ou actualizados o 9 de Marzo do 2008.

- Datos de Heráldica engadidos ou actualizados o 24 de Abril do 2007.

- Datos de Comentarios nos Foros engadidos ou actualizados o 2 de Outubro do 2009.

Distribución en Galicia

Podes consultar máis datos sobre a distribución do apelido nos Concellos de Galicia no sitio web do ILG.

Cordal

Datos de 2001 proporcionados polo Instituto Nacional de Estadística para a Real Academia Galega.

Distribución en España

Podes consultar máis datos sobre a distribución do apelido por provincias de toda España no sitio web do INE.

Cordal

A partir da información que consta na base de padróns do INE, con data de 1 de xaneiro do ano en curso.

© 2010 ApelidosGalicia.org Todo o contido deste sitio baixo licenza de Creative Commons
Creative Commons License.

Validación Html