Xurden da necesidade social de identificar ás persoas, mesmo decindo de quen son fillos, de que lugar son, unha cualidade da persoa, unha característica física, un oficio, un alcume, todas elas formas de diferenciar uns individuos de outros.
Pero o nome de familia, o apelido, aparece coa sociedade romana, segun parece tomárono dos etruscos. O nome romano compoñiase do praenomen distintivo de cada individuo, do nomen, que era o da familia (gens), e cando esta era moi numerosa se lle engadia o cognomen, que designaba a rama, por exemplo: Publio Cornelio Léntulo. O agnomen era unha especie de sobrenome particular. Na antigüidade as mulleres non levaban máis que un nome.
Os apelidos fóronse formando con nomes xeográficos (Catalán, Gallego, Valencia, Arroyo; Castro, Cuesta, Lago, etc.); con nomes de persoas (Álvarez, Bermudez, Bernardez, Jimenez, etc.); inspirados por crenzas relixiosas (Dominguez, Pascual, Sampedro, Sanjorge, Seoane,etc.); por denominacións de dignidades, cargos e oficios eclesiásticos (Abad, Cardenal, Dean, Sacristan, Vicario, etc.); por designacións de clases privilexiadas, polo brasón e por dignidades, cargos e empregos civís e militares (Caballero, Escudero, Alcalde, Jurado, Contador, Alguacil, Caballero, Capitán, Guerrero, Soldado, Peón, etc.); derivados do estado e condición das persoas, da idade, do parentesco, profesións e oficios (Barragan, Casado, Mancebo, Collazo, Vasallo, Ruano, Mayor, Viejo, Nieto, Sobrino, Barbero, Herrero, Zapatero, etc.); por defectos calidades e circunstancias persoais, nomes de animais e alcumes (Blanco, Rubio, Rojo, Prieto, Feo, Crespo, Izquierdo, Calvo, Gallardo, Garrido, Pulido, Delgado, Merlo, Vacas, Cansado, Fresco, Cruzado, Perdido, etc.).
Paralelamente ós apelidos cun sentido similar nas loitas fundamentalmente xorden os emblemas heráldicos, uns deseños gráficos que aplicados ás armas, bandeiras, selos e documentos diferencian ó posuidor ou á súa familia dos máis.
Dous xeitos de nomearse, afirmarse e diferenciarse os homes. Dende a nosa actividade presente ámbolos dous serán de utilidade de cara identificar unha liñaxe conforme nos remontamos no tempo. Dándose o caso de que a heráldica teña máis creto en moitas ocasións.
É no 1870 cando o sistema de apelidos actual (primeiro o primeiro do pai, e segundo o segundo da nai) é regulado por lei. Sendo rexistrados os individuos dese xeito ó nacer e pasando a ser a súa denominación definitiva oficialmente até a súa morte.
A propia evolución deste sistema da como resultado matemático que de seguir como na actualidade as leis rematarán por desaparecer tódalas variacións de apelidos para imporse os maioritarios (Rodríguez, García, etc) nun primeiro intre e definitivamente ún só ó andar o tempo.
....
....

Acta de bautismo

Heráldica nos apelidos

Sinatura documento

Sinatura notarial

Familia Galega
© 2010 ApelidosGalicia.org Todo o contido deste sitio baixo licenza de Creative Commons
.