Abade

Está relaccionado co apelido Abad.

Orixe

O galego abade corresponde á voz común latina Abbas, -atis e designa comunmente o superior dun convento. Moitos topónimos conteñen esta voz (Casal de Abade, Lamas de Abade, Vilar do Abade, Vila de Abade, Cotobade, Buchabade, Bustabade..., estes dous cun primeiro elemento busto ‘pastos’), que na maior parte dos casos indica a antiga dependencia da localidade a un señorío eclesiástico rexido por un abade, do mesmo xeito que a secuencia "de Rei" (Palas de, Outeiro de, Castro de, Vilar de, Casal de...) indicaba que a localidade non estaba suxeita a dominio de señorío eclesiástico nin laico, senón que constituía un reguengo.
O apelido Abade, a partir de usos antigos de "do Abade" ou "home do Abade", aplicouse en orixe a persoas que servían ó superior dun convento ou estaban sometidos ó seu señorío. O censo actual permite sinalar varias áreas características deste apelido. A máis importante pola súa densidade, nos concellos coruñeses de Curtis, Sobrado, Aranga e áreas veciñas, lévanos a supor que foi o mosteiro de Sobrado o seu foco de maior productividade onomástica.
A amputación do –E final.
Na deturpación de Abade procedeuse a suprimir, para castelanizalo, o E final. A mesma alteración afectou a moitos outros apelidos galegos rematados en –DE, polo regular de orixe toponímica.
Bustabade, Penabade, Cadavide, Cide, Maside, Sambade, Cosmede e San Cosmede, San Mamede, Melide (deturpado en Mellid), Gontade, Vilaravide (Villaravid) Caride, Cotobade e outros semellantes teñen unha variante sen o E final, nalgúns casos xeneralizada e noutros minoritaria (por exemplo, os Carid ou os Masid son moi poucos en relación cos que conservan a forma lexítima Caride, Maside).

Toponimia

Posible orixe toponímica.

en Galicia atopamos os seguintes lugares
coa grafía Abade
- na parroquia de San Salvador de Coruxo, no concello de Vigo (Pontevedra).
- na parroquia de San Martín de Arroxo, no concello de A Fonsagrada (Lugo).
coa grafía Abades
- na parroquia de Santa María de Abades, no concello de Silleda (Pontevedra).
coa grafía Casal de Abade
- na parroquia de San Salvador de Sanguñedo, no concello de Verea (Ourense).
- na parroquia de San Mamede de Zamáns, no concello de Vigo (Pontevedra).
coa grafía Sebe de Abades
- na parroquia de Santo Isidro de Seixosmil, no concello de Meira (Lugo).
coa grafía Vilar de Abade
- na parroquia de San Tomé de Sorribas, no concello de Rois (Coruña, A).

en Galicia atopamos as seguintes parroquias
coa grafía Abade
- parroquia de Santiago de Abade, no concello de Moeche (Coruña, A).
coa grafía Abades
- parroquia de San Paio de Abades, no concello de Baltar (Ourense).
coa grafía A Vila de Abade
- parroquia de San Cibrán de A Vila de Abade, no concello de Tordoia (Coruña, A).

Distribución do apelido

Porcentaxes > 90 % 80 - 90 % 70 - 80 % 50 - 70 % 25 - 50 % 6 - 25 % 1 - 6 % < 1 % Non hai

Frecuencia de aparición en tanto por cen por concellos sobre o total do apelido en toda Galicia.

Porcentaxes > 90 % 80 - 90 % 70 - 80 % 50 - 70 % 25 - 50 % 6 - 25 % 1 - 6 % < 1 % Non hai

Frecuencia de aparición en tanto por cen por comarcas sobre o total do apelido en toda Galicia.

Distribución en España

No estado español: podémolo atopar soamente na provincia de Huelva.

Ceuta Melilla