Abraira

Está relaccionado cos apelidos Abelaira, Abelairas, Abeleira.

Orixe

Etimoloxía :
Ten o mesmo significado que Abeleira (de abelá) ou Abelaira:
1. Arbusto que chega aos 3 ou 4 metros de altura, de froito comestíbel (abelás), madeira dura, ponlas abundantes e follas caducas, anchas, acorazonadas na base e aserradas nas beiras.
2. Madeira desta árbore.
Sin. abeleira. Árbore ou arbusto da familia das betuláceas (Coryllus avellana), frondosa, folla caduca, que ten por froito a abelá.
Madeira, dura e moi flexible, desta planta.

Toponimia

Posible orixe toponímica. en Galicia atopamos os seguintes lugares
coa grafía Abrairas
- na parroquia de San Miguel de A Braña, no concello de Baleira (Lugo).

Distribución do apelido

Porcentaxes > 90 % 80 - 90 % 70 - 80 % 50 - 70 % 25 - 50 % 6 - 25 % 1 - 6 % < 1 % Non hai

Frecuencia de aparición en tanto por cen por concellos sobre o total do apelido en toda Galicia.

Porcentaxes > 90 % 80 - 90 % 70 - 80 % 50 - 70 % 25 - 50 % 6 - 25 % 1 - 6 % < 1 % Non hai

Frecuencia de aparición en tanto por cen por comarcas sobre o total do apelido en toda Galicia.

Distribución en España

No estado español: podémolo atopar (por mor da emigración) nas provincias de Madrid, Asturias, Biscaia e Barcelona.

Ceuta Melilla