Andrade

Está relaccionado cos apelidos Andrades, André, Andrés.

Orixe


Andrade parece ser un apelido, que tivo como orixe o topónimo San Martiño de Andrade; un pequeno couto nas terras de Pontedeume, onde os primeiros Andrade estaban situados como "miles", ou cabaleiros.

En canto a etimoloxía do topo Andrade, parece ser un antropónimo, ou sexa un topónimo derivado dun nome de persoa. Piel-kremer. His. Got. faino derivado de Andr-, Millán González Pardo en Top. Pontedeume, faino derivado do celta *Anderati.

Toponimia

Posible orixe toponímica.

en Galicia atopamos os seguintes lugares
coa grafía Andrade
- na parroquia de San Martiño de Aríns, no concello de Santiago de Compostela (A Coruña).
- na parroquia de San Pedro de Calde, no concello de Lugo (Lugo).
- na parroquia de San Cibrao de Las, no concello de San Amaro (Ourense).

en Galicia atopamos as seguintes parroquias
coa grafía Andrade
- parroquia de San Martiño de Andrade, no concello de Pontedeume (A Coruña).

Distribución do apelido

Porcentaxes > 90 % 80 - 90 % 70 - 80 % 50 - 70 % 25 - 50 % 6 - 25 % 1 - 6 % < 1 % Non hai

Frecuencia de aparición en tanto por cen por concellos sobre o total do apelido en toda Galicia.

Porcentaxes > 90 % 80 - 90 % 70 - 80 % 50 - 70 % 25 - 50 % 6 - 25 % 1 - 6 % < 1 % Non hai

Frecuencia de aparición en tanto por cen por comarcas sobre o total do apelido en toda Galicia.

Distribución en España

No estado español: podémolo atopar (por mor da emigración) nas provincias de Sevilla, Madrid, Málaga, Cádiz, Barcelona, Badaxoz, Cáceres, Biscaia, Asturias, Toledo, Huelva, Valencia, Álava, Burgos, Murcia, Guipúscoa, Zaragoza, Cidade Real, Valladolid, Alacante, As Palmas, Illas Baleares, Ceuta, León, Granada, Xirona, Cordoba, Xaén, Tarragona, Tenerife, Melilla, Almería, Zamora, A Rioxa, Lleida, Cuenca, Navarra, Salamanca, Segovia, Castelló e Palencia.

Ceuta Melilla