Araújo

Está relaccionado co apelido Araúxo.

Orixe

ONOMÁSTICA
Cando o aspecto fónico do apelido (por un ditongo, un sufixo -eira, -eiro e cousas parecidas) non permite tales fabulacións e fai innegable a súa orixe galega, entón a tendencia exoticista mira de atribuírlle procedencia portuguesa. Coñezo algún Araújo en Ourense que se di de sangue portugués cando en realidade o principal foco orixinario dese apelido (tamén para os Araújo portugueses) está na antiga terra ou xurisdicción de Araúxo, na zona do actual concello ourensán de Lobios e na raia seca do Xurés/Gerês.
Segundo algúns autores a orixe deste apelido débese a un descendiente do visigodo conde Ruderic que erigió un castelo en Portugal, nun lugar denominado Araujo, a beiras do Miño. De alí, algúns dos seus descendientes pasaron a Galicia, en concreto a Lobios, preto de Bande (Orense), onde erigieron unha capela que desde entón leva o nome de Araujo.

Distribución do apelido

Porcentaxes > 90 % 80 - 90 % 70 - 80 % 50 - 70 % 25 - 50 % 6 - 25 % 1 - 6 % < 1 % Non hai

Frecuencia de aparición en tanto por cen por concellos sobre o total do apelido en toda Galicia.

Porcentaxes > 90 % 80 - 90 % 70 - 80 % 50 - 70 % 25 - 50 % 6 - 25 % 1 - 6 % < 1 % Non hai

Frecuencia de aparición en tanto por cen por comarcas sobre o total do apelido en toda Galicia.

Distribución en España

No estado español: podémolo atopar (por mor da emigración) nas provincias de Madrid, Sevilla, Cádiz, Barcelona, Cáceres, As Palmas, Badaxoz, Salamanca, Asturias, Huelva, Biscaia, Cidade Real, Cantabria, Guipúscoa, León, Zamora, Toledo, Cordoba, Valencia, Ávila, Málaga, Illas Baleares, Xaén, Navarra, Tarragona, Alacante, Valladolid, Murcia, Guadalaxara, Tenerife, Burgos, Zaragoza, Palencia, Lleida, Álava, Huesca, Xirona, Castelló e Granada.

Ceuta Melilla