Armago

Orixe

O apellido Armago, que aparece trocado as veces (¿cecais por erro?) con "Arauxo" é Vencellado as terras de Castroverde e Pol na provincia de Lugo. Figura no libro de Alexandre Pedrosa como Arauxo, nembargantes nas partidas dos persoeiros figura como Armago. Así o crego Refeitor da Eirexa de Santiago de Saa en terras do actual concello de Lugo D. Pedro Saavedra Armago, vencella tras o seu pasamento os bens a Dna. Josefa Saavedra, sobriña sua. Irman de D. Pedro, e Tía da Dna. Josefa, foi Dna. Manuela Armago Saavedra. muller do dono da casa de Vilamoure. Dna. Manuela Armago Saavedra, é o seu irmán D. Pedro Armago Saavedra, cura de Saa, eran fillos entre outros de D. Manuel de Armago é Dna María de Saavedra, donos da casa de Pontes, en S. Pedro de Cáxaro (Carazo) en Pol.

Distribución por Concellos en Galicia

Segundo o Censo do I.G.L., non hai en Galicia persoas que leven este apelido.

Distribución en España

Actualmente non hai no Censo do I.N.E., persoas que leven este apelido.

Heráldica

As armas distes Armagos ou Arauxos, son: en campo de prata, sobre terraza de sinople, unha árbore de seu color, a seus pés unha dona axionllada e cos brazos en cruz.

Fontes-bibliografía

Apelido engadido o .