Baamonde

Está relaccionado cos apelidos Bahamonde, Vaamonde, Vahamonde.

Orixe

É apelido toponímico, derivado dun nome de lugar idéntico, polo que na documentación antiga aparece sempre precedido de preposición (de Baamonde). O seu foco orixinario principal localízase na parroquia e lugar de Baamonde, no concello lugués de Begonte, pero hai outros topónimos iguais que tamén puideron dar orixe a este apelido. Presenta tres variantes gráficas: a máis común é Vaamonde (48%), seguida de Baamonde (30%) e Bahamonde (21%). Ningunha das tres pode considerarse en rigor unha forma deturpada, polo menos as dúas primeiras. O -h- entre vocais da terceira responde a unha tendencia gráfica allea ó galego actual, de xeito que algúns topónimos que na grafía castelanizante presentaban ese -h- antihiático pérdeno na forma oficial normalizada (*Narahío, Naraío). Entre Vaamonde e Baamonde, a forma máis etimolóxica é esta segunda, pois o topónimo do que deriva o apelido procede do xenitivo Badamundi dun nome persoal de orixe xermánica Badamundus.

Apellido gallego que tambien usa las formas de Bahamonde y Vaamonde. Se cree que procede de la Villa de Baamonde (Lugo). Uno de los solares más antiguos de este linaje radicó en Ribadeo (Lugo).

Toponimia

Posible orixe toponímica. en Galicia atopamos os seguintes lugares
coa grafía Baamonde
- na parroquia de Santiago de Baamonde, no concello de Begonte (Lugo).
- na parroquia de Santa María de O Burgo, no concello de Muras (Lugo).
- na parroquia de San Vicente de Coucieiro, no concello de Paderne De Allariz (Ourense).
- na parroquia de San Paio de Paradela, no concello de Toques (A Coruña).
- na parroquia de San Vicenzo de Curtis, no concello de Vilasantar (A Coruña).

en Galicia atopamos as seguintes parroquias
coa grafía Baamonde
- parroquia de Santiago de Baamonde, no concello de Begonte (Lugo).

Distribución do apelido

Porcentaxes > 90 % 80 - 90 % 70 - 80 % 50 - 70 % 25 - 50 % 6 - 25 % 1 - 6 % < 1 % Non hai

Frecuencia de aparición en tanto por cen por concellos sobre o total do apelido en toda Galicia.

Porcentaxes > 90 % 80 - 90 % 70 - 80 % 50 - 70 % 25 - 50 % 6 - 25 % 1 - 6 % < 1 % Non hai

Frecuencia de aparición en tanto por cen por comarcas sobre o total do apelido en toda Galicia.

Distribución en España

No estado español: podémolo atopar (por mor da emigración) nas provincias de Madrid, Barcelona, Cantabria, Asturias e Biscaia.

Ceuta Melilla