Barbeito

Está relaccionado cos apelidos Barbeitos, Barbeyto.

Orixe

Etimoloxía :
Do latin vervactu-vervagere= arar nos primeiros meses do ano: terra que se ara e que se deixa despois sen abonar nin cultivar durante un ano ou máis, para que descanse.
De orixe galega con casa solarenga no lugar de Barbeito. Segundo a GEG algunhas gallas pasaron a Pontevedra, moi perto da vila de Tui.

Toponimia

Posible orixe toponímica. en Galicia atopamos os seguintes lugares
coa grafía Barbeito
- na parroquia de Santa María de Adina, no concello de Sanxenxo (Pontevedra).
- na parroquia de Santiago de Bravos, no concello de Ourol (Lugo).
- na parroquia de Santa Baia de Cañás, no concello de Carral (A Coruña).
- na parroquia de San Sebastián de Carballido, no concello de Alfoz (Lugo).
- na parroquia de Santa María de Dordaño, no concello de Cesuras (A Coruña).
- na parroquia de Santa María de Magazos, no concello de Viveiro (Lugo).
- na parroquia de Santa María de A Regueira, no concello de Oza Dos Ríos (A Coruña).
coa grafía O Barbeito
- na parroquia de San Bartolomeu de O Couto, no concello de A Cañiza (Pontevedra).
- na parroquia de San Xurxo de Mosende, no concello de O Porriño (Pontevedra).
- na parroquia de San Xurxo de Ribadetea, no concello de Ponteareas (Pontevedra).
- na parroquia de Santa Mariña de Xinzo, no concello de Ponteareas (Pontevedra).
coa grafía O Porto de Barbeito
- na parroquia de San Salvador de Barbeito, no concello de Vilasantar (A Coruña).

en Galicia atopamos as seguintes parroquias
coa grafía Barbeito
- parroquia de San Salvador de Barbeito, no concello de Vilasantar (A Coruña).

Distribución do apelido

Porcentaxes > 90 % 80 - 90 % 70 - 80 % 50 - 70 % 25 - 50 % 6 - 25 % 1 - 6 % < 1 % Non hai

Frecuencia de aparición en tanto por cen por concellos sobre o total do apelido en toda Galicia.

Porcentaxes > 90 % 80 - 90 % 70 - 80 % 50 - 70 % 25 - 50 % 6 - 25 % 1 - 6 % < 1 % Non hai

Frecuencia de aparición en tanto por cen por comarcas sobre o total do apelido en toda Galicia.

Distribución en España

No estado español: podémolo atopar (por mor da emigración) nas provincias de Madrid, Sevilla, Barcelona, León, Álava, Guipúscoa, Biscaia, As Palmas, Almería, Alacante e Málaga.

Ceuta Melilla