Caruncho

Orixe

Etimoloxía :
1.- Fungo dos basidiomicetos (Ustilago zeae), que se desenvolve nas flores femininas do millo e na época de frutificación produce nas espigas unhas bugallas de cor branca ou gris, dentro das cales hai un po negro e fedorento.
2.- Fungo do filo dos ascomicetos (Claviceps purpurea), que parasita nas gramíneas, especialmente no centeo e desenvolve unha especie de corno.
3.- Larva de insecto da orde dos coleópteros que se alimenta de substancias vexetais, especialmente de madeira.
4.- Po que produce este insecto, despois de dixerir a materia que roeu.
5.- Insecto de pequeno tamaño, da orde dos lepidópteros, que na fase de larva produce dano nos tecidos.
6.- Mancha de cor escura que produce esta larva.
7.- Mancha negra producida pola humidade que aparece na roupa ou nas paredes.

Toponimia

Posible orixe toponímica. en Galicia atopamos os seguintes lugares
coa grafía A Graña dos Carunchos
- na parroquia de San Mamede de As Grañas do Sor, no concello de Mañón (A Coruña).

Distribución do apelido

Porcentaxes > 90 % 80 - 90 % 70 - 80 % 50 - 70 % 25 - 50 % 6 - 25 % 1 - 6 % < 1 % Non hai

Frecuencia de aparición en tanto por cen por concellos sobre o total do apelido en toda Galicia.

Porcentaxes > 90 % 80 - 90 % 70 - 80 % 50 - 70 % 25 - 50 % 6 - 25 % 1 - 6 % < 1 % Non hai

Frecuencia de aparición en tanto por cen por comarcas sobre o total do apelido en toda Galicia.

Distribución en España

No estado español: podémolo atopar (por mor da emigración) nas provincias de Madrid, Ceuta, Guipúscoa, Castelló, Barcelona e Biscaia.

Ceuta Melilla